viernes, 21 de septiembre de 2007

Donosti, filmes do dia 21

Venres, 21 de Setembro:

Hoxe foi un bo dia. Vin 3 filmes moi bos e un bastante frouxo, asi que a valoración xeral resultou moi positiva.

O primeiro filme, das 9 e media da mañá (que duro, non son horas para ver películas..) foi Les foumis rouges (As formigas vermellas), dirixido polo belga Stéphan Carpiaux. Este filme que compite na sección de Zabaltegui, opta o premio Altadis de novos directores.
Alex, de 16 anos vive co seu pai Frank nun apartado bosque. Frank vive atormentado pola perda da súa muller. O encontro inesperado de Héctor, abrirá os ollos de Alex, respecto a relación que ten con seu pai; unha relación marcada pola fráxil fronteira que separa a tenrura do desexo. A historia drámatica deste filme engancha dende o comezo, a fantástica interpretación dos actores e a fotografía contribúen a isto. Sinxelamente brillante.

As 12 vin o Din Anruferin (A nena que chama), unha película alemana do director Feix Randau, que compite tamén na categoría de Zabaltegui, e o igual que a Les fourmis rouges opta o premio Altadis de novos directores.
Unha muller xoga a través do teléfono con auténticos descoñecidos. Ansiosa por sentir calor humano e compasión faise pasar por unha nena enferma de leucemia, un bó día coñece a Sina e comeza unha amizade explosiva pero comprometedora o mesmo tempo...
Filme ante todo atrevido no seu plantexamento. Mostra a soidade levada o extremo, a búsqueda incesante de unha voz amiga. É un filme duro que retrata a vida de dúas mulleres cos seus medos e preocupacións que acaban por xuntarse nunha fermosa amizade. Dende logo, un filme que non deixa indiferente a ninguén. Sen dúbidas, moi recomendable.

As 4 da tarde vin Kunsten a tenke negativt (A arte do pensamento negativo), un filme noruego do director Bard Breien, incluido na categoría Fiebre helada, unha categoría que recolle filmes do chamado novo cine nórdico.
Geirr quedou paralítico e está amargado.A súa moza Ingvild xa non sabe como tratalo, e nun intento de salvar a relación, invita a súa casa a un grupo de adeptos do ``pensamento positivo´´. Geirr négase a ver os aspectos positivos e pouco a pouco irá arrastando ó grupo ata desesperación e angustia.
Un filme agridulde cheo de momentos cómicos, pero que mostra unha realidade mi dura. A vida de moitas persoas marcada pola traxedia supón a clave deste filme. Negra, aguda e controvertida é unha película para pensar na vida dende moitos puntos de vista, do positivisto máis absoluto a total negatividade. Conta con un final aberto que deixa ó espectador con un sabor amargo e dulce a un tempo. Grande filme.

Xa para rematar o día, as 7 da tarde, vin un filme arxentino, da categoría Horizontes Latinos, Por sus propios ojos, dirixido por Liliana Paonelli.
O filme conta dende unha óptica de falso documental a historia de unha estudiante que fai a súa tese sobre as mulleres dos presos. Coñece a unha muller disposta a concederlle unha entrevista a cambio de que visite o seu fillo préso no cárcere. Finalmente a rapaza accede, vai o cárcere e alí atópase nunha situación de choque completo coa súa realidade. Este filme non me gustou, por moitas razóns, ten un tema moi manido, a realización é moi pobre e o argumento pouco sólido.

Estoi foi todo por hoxe, mañá sigovos contando.
saúdos

No hay comentarios: