miércoles, 29 de agosto de 2007

Banda sonora, na recta final

Despois da reunión de músicos e directores, parece que a música está a punto para saír á pista de despegue. O noso técnico, Nicolás Vieites, xa nos confirmou que o sábado 1 de setembro temos cita nos estudos Bruar, en A Coruña, os estudos de Nani García e de Javier Ferreiro (percusionista de Luar na Lubre). Trala post-produción da música estaremos case listos para a estrea.
Polo momento, o obradoiro de son permanecerá aberto ata o venres.

Para castellanoparlantes

No, no nos vamos a quedar la película para nosotros. ¡La película estará subtitulada en castellano!
Y la culpable de eso será Ruth Sedofeito. Personalmente sé que hace muy bien su trabajo (y no digo esto porque seamos del mismo pueblo ;-) ) ¡Mil gracias, Ruth!
Para los que queráis ver una traducción de este blog al castellano, copiad la dirección del blog y luego acceded a esta página. En el campo inferior, copiáis la dirección del blog, escogéis Galego-Español, pulsais Enter y voilà!
No esperéis maravillas de la traducción, pero bueno, servirá como ayuda.

Para más información sobre el corto, no os cortéis y dejadnos aquí un comentario.

For english speakers

We are proud of announcing that our short film will be released with English subtitles! So that way we don't keep only for our little country what we do...
Ruth Sedofeito is the responsible of translating our film. I know personally that she is very good in doing so! And I'm not saying this because we are from the same town... Ruth, thank you really!

Do you want further information? Post a comment here!

O caos da rodaxe


O caos, sobran as palabras...

martes, 28 de agosto de 2007

En marcha o obradoiro de son

A banda sonora vai cobrando forma. A miña casa transfórmase cada mañá nun obradoiro de son. David e máis eu adicámonos a exprimir as capacidades de cada instrumento. Os dous temos a sorte de estar probando cousas que non estamos afeitos a desenvolver, e un sempre aprende do outro.
Eu pola miña parte estou botando luz sobre un instrumento fascinante e tan complicado a ollos dun pianista: a guitarra. Parece unha tontería, pero é dificilísimo para alguén coma min pensar en seis cordas. E que sensación cando os sons que debuxaras cunha ferramenta informática a modo de referencia se convirten en sons cheos de matices producidos artesanalmente por dedos, teclas e cordas.
Mañá deciciremos que queremos facer con todo este material e irémolo definindo conxuntamente, entre os directores e os músicos. O obradoiro seguirá aberto ata o sábado, o día que temos sinalado para gravar o que estamos fedellando.

lunes, 27 de agosto de 2007

Máis Fotos

En breve incluirei máis fotos da rodaxe!

sábado, 25 de agosto de 2007

Seguimos coa montaxe

Seguimos coa montaxe, vamos intentar terminar os retoques finais esta semana, a ver se pronto podemos colgar no blog o resultado final.

viernes, 24 de agosto de 2007

A historia

Deixovos aqui a sinopse da curta:

Unha estación de autobuses nun lugar calquera, historias cotiáns que se repiten a miúdo, partidas e chegadas, movemento e calma.

Lalo, Toni e Chon pasan os días enteiros a beber e ver pasar o tempo entre horarios e autobuses que realmente non importan a ninguen. Lalo é o único que ten traballo, Chon é un home máis ben inseguro e Toni está sendo consumido pola droga. Os tres son rexeitados pola sociedade que os exclúe e aparta cara a marxinalidade, pasan o dia a falar de cousas vanais que non importan a ninguén, porén o centro de interese e Lalo, a persoa máis cabal dos tres

Chon móstrase interesado pola vida de Lalo, en especial por unha suposta moza, “a do can”. Lalo intenta evadir o tema falando dunha camareira e dun restaurante. Pola contra, Toni di en cada momento o primeiro que lle pasa pola cabeza, e actúa sen pensar, anda desconectado da realidade. Aparentemente carecen de aspiracións pero por riba de todo manteñen unha grande amizade entreles e no fondo só buscan un pouco de comprensión e respeito.

Os seus días son todos iguais, salvo por unha cousa, cada dían ven caras novas na estación e viaxan a un lugar diferente. So basta fechar os ollos e imaxinar, poden chegar tan lonxe como queiran, mas a realidade e que sempre estan no mesmo sitio. A mesma estación de autobuses de un lugar calquera.

Os actores da curta

Neste proxecto tivemos a sorte de contar con tres grandes actores,
Pablo Sánchez,
Mario Tomas López e
Fran Peleteiro,
foron os encargados de interpretar a Lalo, Toni e Chon, tres homes con poucas aspiracións que ven pasar os días desde os andéns dunha estación de autobuses, soñando con cambiar de vida algun día, algún día que nunca chegará...cada tarde os plans terminan Coma Sempre en simples soños.
Aqui vos deixo unhas fotos:




A rodaxe

A idea da curta xurdiu no 2005 pero pasaron dous anos ate poder realizala.
Foi no 25 de Xullo-día da Patria, no que nos enteramos que a Xunta nos daba unha axuda de 3000 euros para a relización da curtametraxe,
despois de moitos preparativos e cambios conseguimos a semana pasada comezar a rodaxe, aqui quedan algunhas fotos:




Coma Sempre, o comezo e as ideas

¿Que é Coma Sempre?
Coma Sempre é o título de unha curtametraxe que se vai estrenar moi pronto,
vou contarvos como xurdiu a idea do proxecto.


Era unha tarde de maio de 2005, acababa de perder o tren a Santiago asi que comprei o xornal e senteime nun banco a leelo. As casualidades da vida cambiaron o meu tren por unha idea para unha curta. Ao pouco de estar ali sentada chegaron tres homes de aspecto desaliñado e cheos de bolsas con calimocho, sentaron a carón das vías do tren e comezaron unha conversa un tanto especial. Sen pensalo muito collín a minha libreta do bolso e comecei a escribir o que dicían, semelhaban tres monólogos a un tempo, que en certos momentos se interelacionaban con unha ou outra frase puntual.

Eran conversas inconexas, mas en ningún momento en todo o tempo que estiven ali a presenciar a escena sentín que non se entenderan, habia algo máis forte que a conversa que os unía nunha complicidade especial. Os tres estaban como nunha burbulla, a xente adoitaba mirar para eles e apartarse como se o simple feito de achegarse fose constituír unha ameaza.

Falaban do cotián, das cousas que para eles resultaban importantes, sen deixar de beber e de ollar o redor facían planes de fuxida cara unha nova cidade e quizais cara unha nova vida.

Inspirándonos naquela conversa comezamos a escribir o guión desta curta. Decidimos manter as tres persoas presentes naquela tarde. Creamos tres personaxes tentando imaxinar a personalidade e o pasado de cada un deles. Demos con que queriamos tres yonquis, ao fin esto tampouco era novo, xa que os homes dequela tarde tamen o eran.

As personaxes que creamos seguiron camiños diferentes, Toni, Chon e Lalo son tres homes com poucas aspiracións pero con moitos desexos de verse respetados e de acadar esa felicidade da que tanto se fala. Son tres personaxes con actitudes diferentes frente a vida mais todos eles conservan o valor da amizade.

Esta curtametraxe pretende mostrar a outra cara da vida, a felicidade acadada dende as cousas máis básicas. A amizade, as interelacións e os pequenos minutos do tempo compartido nunha estación de un lugar calquera. Dende un enfoque persoal e pretendemos por voz as voces marxinais, mostrar que ainda que a vida as veces non semella fácil, as persoas sempre e por riba de todo tenden a superarse e buscar de maneira incesante unha forma de felicidade.

A cotianeidade é a perspectiva da que partimos, non queremos grande acción na curta, senón pequenos momentos que creen esa acción, porque ao fin a vida esta composta de pequenos momentos, momentos que non son relevantes de por sí pero que todos xuntos forman o día a dia de cada un de nos. As personaxes vanse abrindo ao longo da historia e polos diálogos, a forma de moverse, as actitudes...o espectador vai descubrindo ao tempo que avanza a historia cuais son os puntos fracos de cada un deles.

A cámara deberá centrarse nas personaxes, se moverse demasiado xa que a acción vaise sucendendo a un ritmo pausado, as accións e reaccións son a clave da conexión das personaxes co entorno. Non pretendemos con isto facer un filme estáticoo, monótono e pausado. Os xogos de imaxe deben dar a sensación de cotianeidade, ao fin a curta só mostra un momento de unha tarde máis na estación, deben guiar ao espectador. A música pode aparecer de mod ocasional, aínda que pretendemos influenciar o menos posible a capacidade de análise do espectador.

A marxinalidade inducida polas drogas é unnha constante na nosa sociedade. Galiza resulta ser un punto negro no tocante a este tema. A droga, os traficantes, os afectodos...conforman unha parte máis do noso día a día. Con esta curta pretendemos mostrar a realidade dos que están abaixo, conseguir a comprensión cara as persoas afectadas en moitos casos victimas de unha realidade que lles sobrepasa e da que nunca poderán sair...

Pechar os ollos e viaxar coa mente, tan lonxe como queiras, percorrer o mundo dende o mesmo punto, unha estación de tren nun lugar calquera.