martes, 28 de agosto de 2007

En marcha o obradoiro de son

A banda sonora vai cobrando forma. A miña casa transfórmase cada mañá nun obradoiro de son. David e máis eu adicámonos a exprimir as capacidades de cada instrumento. Os dous temos a sorte de estar probando cousas que non estamos afeitos a desenvolver, e un sempre aprende do outro.
Eu pola miña parte estou botando luz sobre un instrumento fascinante e tan complicado a ollos dun pianista: a guitarra. Parece unha tontería, pero é dificilísimo para alguén coma min pensar en seis cordas. E que sensación cando os sons que debuxaras cunha ferramenta informática a modo de referencia se convirten en sons cheos de matices producidos artesanalmente por dedos, teclas e cordas.
Mañá deciciremos que queremos facer con todo este material e irémolo definindo conxuntamente, entre os directores e os músicos. O obradoiro seguirá aberto ata o sábado, o día que temos sinalado para gravar o que estamos fedellando.

1 comentario:

Uxia Caride dijo...

Acabo de ver como a música vai tomando forma...parece que o resultado final vai ser bó!