martes, 9 de octubre de 2007

Non houbo sorte

Nada, non gañamos nada en curtasnarede, ainda que dende o meu punto de vista os resultados das curtas gañadoras tampouco foron do meu agrado.
Xa vos irei informando, porque imos rpesentar a curta en máis premios!!

sábado, 6 de octubre de 2007

En Malaga

Xa estou por Málaga, aqui vos espero a todos para cando queirades vir a visitarme!!!!!
O vindeiro luns dánse os premios de curtas na rede na Coruña, a ver se temos sorte....xa vos contarei
Beijinhos!!!!

lunes, 24 de septiembre de 2007

Xente a espera de famosos....

Recomendacions

Do mellor que vin ate o momento:

Budha az sharm foru rikht, (Buda explotó por vergúenza)

Budha az sharm foru rikht, (Buda explotó por vergúenza) dirixido pola xoven directora Hana Makhmalbaf que con solo 19 anos presenta a sua primeira película dentro da Sección Oficial, entra tamen na categoría de novos directores e opta o premio Altadis dotado de 90000 euros.

É a historia de unha nena afgana de seis anos que é incitada por un neon que vive frente á súa cova, a a ir á escola. De camiño á escola, é acosada por unhos nenos que xogan de forma cruel reflectindo á sociedade tan violenta que os envolve. Os nenos pretenden lapidary á pequena que se dirixe á escola, destruila ou disparar contra ela como fixeron os americanos no laberinto das covas.

Contado con grande sensibilidade, a historia recolle miles de matices en forma de fabula, arredor dunha historia moi simple e contada dende unha óptica infantile. É un filme moi recommendable, cargado de grandes ideas.


Brick Lane

Brick Lane, da directora Sarah Gavron, é un filme incluido da categoria de Zabaltegui, e o igual que o anterior opta o premio Altadis de novos directores.

É un filme de Gran Bretaña que conta a historia de unha rapaza de 17 anos que tras un matrimonio de conveniencia, vése forzada a cambiar a súa pequena vila de Blagladesh por un bloque de apartamentos ó Este de Londres. Mentres trata de complacer ó seu pouco atractivo marido e atende ós seus fillos, busca a forma de dar un sentido á súa propia vida, nun entorno multiracial no que aparece á oportinudade de un novo amor.

A historia vai evolucionando a medida que as personaxes tamen mudan, fala do paso do tempo e da búsqueda interior dunha muller do seu lugar no mundo. Un grande filme que fai pensar que somos, onde estamos e cara onde queremos ir.

viernes, 21 de septiembre de 2007

Donosti, filmes do dia 21

Venres, 21 de Setembro:

Hoxe foi un bo dia. Vin 3 filmes moi bos e un bastante frouxo, asi que a valoración xeral resultou moi positiva.

O primeiro filme, das 9 e media da mañá (que duro, non son horas para ver películas..) foi Les foumis rouges (As formigas vermellas), dirixido polo belga Stéphan Carpiaux. Este filme que compite na sección de Zabaltegui, opta o premio Altadis de novos directores.
Alex, de 16 anos vive co seu pai Frank nun apartado bosque. Frank vive atormentado pola perda da súa muller. O encontro inesperado de Héctor, abrirá os ollos de Alex, respecto a relación que ten con seu pai; unha relación marcada pola fráxil fronteira que separa a tenrura do desexo. A historia drámatica deste filme engancha dende o comezo, a fantástica interpretación dos actores e a fotografía contribúen a isto. Sinxelamente brillante.

As 12 vin o Din Anruferin (A nena que chama), unha película alemana do director Feix Randau, que compite tamén na categoría de Zabaltegui, e o igual que a Les fourmis rouges opta o premio Altadis de novos directores.
Unha muller xoga a través do teléfono con auténticos descoñecidos. Ansiosa por sentir calor humano e compasión faise pasar por unha nena enferma de leucemia, un bó día coñece a Sina e comeza unha amizade explosiva pero comprometedora o mesmo tempo...
Filme ante todo atrevido no seu plantexamento. Mostra a soidade levada o extremo, a búsqueda incesante de unha voz amiga. É un filme duro que retrata a vida de dúas mulleres cos seus medos e preocupacións que acaban por xuntarse nunha fermosa amizade. Dende logo, un filme que non deixa indiferente a ninguén. Sen dúbidas, moi recomendable.

As 4 da tarde vin Kunsten a tenke negativt (A arte do pensamento negativo), un filme noruego do director Bard Breien, incluido na categoría Fiebre helada, unha categoría que recolle filmes do chamado novo cine nórdico.
Geirr quedou paralítico e está amargado.A súa moza Ingvild xa non sabe como tratalo, e nun intento de salvar a relación, invita a súa casa a un grupo de adeptos do ``pensamento positivo´´. Geirr négase a ver os aspectos positivos e pouco a pouco irá arrastando ó grupo ata desesperación e angustia.
Un filme agridulde cheo de momentos cómicos, pero que mostra unha realidade mi dura. A vida de moitas persoas marcada pola traxedia supón a clave deste filme. Negra, aguda e controvertida é unha película para pensar na vida dende moitos puntos de vista, do positivisto máis absoluto a total negatividade. Conta con un final aberto que deixa ó espectador con un sabor amargo e dulce a un tempo. Grande filme.

Xa para rematar o día, as 7 da tarde, vin un filme arxentino, da categoría Horizontes Latinos, Por sus propios ojos, dirixido por Liliana Paonelli.
O filme conta dende unha óptica de falso documental a historia de unha estudiante que fai a súa tese sobre as mulleres dos presos. Coñece a unha muller disposta a concederlle unha entrevista a cambio de que visite o seu fillo préso no cárcere. Finalmente a rapaza accede, vai o cárcere e alí atópase nunha situación de choque completo coa súa realidade. Este filme non me gustou, por moitas razóns, ten un tema moi manido, a realización é moi pobre e o argumento pouco sólido.

Estoi foi todo por hoxe, mañá sigovos contando.
saúdos

jueves, 20 de septiembre de 2007

Todo preparado para a apertura

Todo preparado para a apertura do Festival de Cine de Donosti, incluidas as alfombras...




martes, 18 de septiembre de 2007

Para o festival de Donosti

Bueno vendo que a curta está prácticamente rematada, sólo falta esperar a que se fallen os premios de curtas na rede. A entrega está prevista para o 3 de outubro, a ver se hai sorte...:)
Nada polo resto estes días vou empregar o blog para contarvos sobre cine.
Hoxe marcho para o Festival de Donosti, a formar parte do Xurado Xuvenil de Novos Directores.
Xa vos irei contando e recomendando películas.
Seguimos a espera de comentarios sobre a curta!!

lunes, 17 de septiembre de 2007

Comentarios

Estamos desexosos por saber que vos parece a curta,
esperamos comentarios,
saúdos

jueves, 13 de septiembre de 2007

Por fin... rematado?

Despois de varias tentativas frustradas de codificar o vídeo e os mareos cos ordenadores e co Media Encoder que supuxo, por fin presentamos e subímo-la curta ó concurso Curtas na rede

Esperamos que sexa do voso agrado. Se ben o traballo duro fixémolo durante estes últimos dous meses, o traballo comezou fai dous anos, cando empezamos a fedellar nesta historia. Ó final conseguimos rematar o traballo... en certo sentido.

En certo sentido porque este traballo realmente é moito máis extenso. As características deste concurso fixéronos cinxirnos a 5 minutos de duración. Polo tanto escollimos esa parte da curta que nos pareceu máis importante, e máis descriptiva. E velaí o noso traballo. Nos próximos meses teremos a oportunidade de amosarvos a outra versión, que tamén agardamos que vos guste.

Pois iso, ¡sorte a tódolos participantes e bo traballo!

miércoles, 5 de septiembre de 2007

Últimos retoques na montaxe

Onte estivemos dando os útimos retoques de montaxe, queda moi pouco para ver a curta acabada,

Espero poder dar pronto a nova de que a curta xa está colgada na rede :)

Foto de todo o equipo

martes, 4 de septiembre de 2007

O noso equipo

Equipo técnico

EXTRAS:

Ramón Caride, Sara Caride, Miguel Blanco, Alex Urdiales, Jorge Dopazo, Uxía García, Lucas Rey, David Martín, David González.


lunes, 3 de septiembre de 2007

Transládase o obradoiro de son a A Coruña

O sábado gravamos nos estudos Bruar a banda sonora. Porén, non vos podemos amosar nada polo momento, porque aínda lle estamos dando forma o que gravamos. Nicolás estase encargando de sacarlle o sonido máis exquisito á gravación do sábado, e eu que tiven a oportunidade de ver o comezo, quedei marabillado co seu traballo. No transcurso desta semana, e probablemente da seguinte, iremos dándolle forma no estudo. Sentimos tervos así, nun senvivir! Pero prometemos ensinarvos o resultado tan pronto como esté listo.
Teño que dicir que quedei abraiado ca calidade do equipo e das instalacións de Bruar, así como da habilidade e gusto de Nicolás Vieites para sacar un bo son. ¡Gracias, de veras!

A localización

A curta rodouse integramente nun só espazo, a estación de autobuses de Vilagarcía de Arousa, máis concretamente no andén número 16.


O equipo da rodaxe

Móstrovos o equipo que empregamos para rodar:

miércoles, 29 de agosto de 2007

Banda sonora, na recta final

Despois da reunión de músicos e directores, parece que a música está a punto para saír á pista de despegue. O noso técnico, Nicolás Vieites, xa nos confirmou que o sábado 1 de setembro temos cita nos estudos Bruar, en A Coruña, os estudos de Nani García e de Javier Ferreiro (percusionista de Luar na Lubre). Trala post-produción da música estaremos case listos para a estrea.
Polo momento, o obradoiro de son permanecerá aberto ata o venres.

Para castellanoparlantes

No, no nos vamos a quedar la película para nosotros. ¡La película estará subtitulada en castellano!
Y la culpable de eso será Ruth Sedofeito. Personalmente sé que hace muy bien su trabajo (y no digo esto porque seamos del mismo pueblo ;-) ) ¡Mil gracias, Ruth!
Para los que queráis ver una traducción de este blog al castellano, copiad la dirección del blog y luego acceded a esta página. En el campo inferior, copiáis la dirección del blog, escogéis Galego-Español, pulsais Enter y voilà!
No esperéis maravillas de la traducción, pero bueno, servirá como ayuda.

Para más información sobre el corto, no os cortéis y dejadnos aquí un comentario.

For english speakers

We are proud of announcing that our short film will be released with English subtitles! So that way we don't keep only for our little country what we do...
Ruth Sedofeito is the responsible of translating our film. I know personally that she is very good in doing so! And I'm not saying this because we are from the same town... Ruth, thank you really!

Do you want further information? Post a comment here!

O caos da rodaxe


O caos, sobran as palabras...

martes, 28 de agosto de 2007

En marcha o obradoiro de son

A banda sonora vai cobrando forma. A miña casa transfórmase cada mañá nun obradoiro de son. David e máis eu adicámonos a exprimir as capacidades de cada instrumento. Os dous temos a sorte de estar probando cousas que non estamos afeitos a desenvolver, e un sempre aprende do outro.
Eu pola miña parte estou botando luz sobre un instrumento fascinante e tan complicado a ollos dun pianista: a guitarra. Parece unha tontería, pero é dificilísimo para alguén coma min pensar en seis cordas. E que sensación cando os sons que debuxaras cunha ferramenta informática a modo de referencia se convirten en sons cheos de matices producidos artesanalmente por dedos, teclas e cordas.
Mañá deciciremos que queremos facer con todo este material e irémolo definindo conxuntamente, entre os directores e os músicos. O obradoiro seguirá aberto ata o sábado, o día que temos sinalado para gravar o que estamos fedellando.

lunes, 27 de agosto de 2007

Máis Fotos

En breve incluirei máis fotos da rodaxe!

sábado, 25 de agosto de 2007

Seguimos coa montaxe

Seguimos coa montaxe, vamos intentar terminar os retoques finais esta semana, a ver se pronto podemos colgar no blog o resultado final.

viernes, 24 de agosto de 2007

A historia

Deixovos aqui a sinopse da curta:

Unha estación de autobuses nun lugar calquera, historias cotiáns que se repiten a miúdo, partidas e chegadas, movemento e calma.

Lalo, Toni e Chon pasan os días enteiros a beber e ver pasar o tempo entre horarios e autobuses que realmente non importan a ninguen. Lalo é o único que ten traballo, Chon é un home máis ben inseguro e Toni está sendo consumido pola droga. Os tres son rexeitados pola sociedade que os exclúe e aparta cara a marxinalidade, pasan o dia a falar de cousas vanais que non importan a ninguén, porén o centro de interese e Lalo, a persoa máis cabal dos tres

Chon móstrase interesado pola vida de Lalo, en especial por unha suposta moza, “a do can”. Lalo intenta evadir o tema falando dunha camareira e dun restaurante. Pola contra, Toni di en cada momento o primeiro que lle pasa pola cabeza, e actúa sen pensar, anda desconectado da realidade. Aparentemente carecen de aspiracións pero por riba de todo manteñen unha grande amizade entreles e no fondo só buscan un pouco de comprensión e respeito.

Os seus días son todos iguais, salvo por unha cousa, cada dían ven caras novas na estación e viaxan a un lugar diferente. So basta fechar os ollos e imaxinar, poden chegar tan lonxe como queiran, mas a realidade e que sempre estan no mesmo sitio. A mesma estación de autobuses de un lugar calquera.

Os actores da curta

Neste proxecto tivemos a sorte de contar con tres grandes actores,
Pablo Sánchez,
Mario Tomas López e
Fran Peleteiro,
foron os encargados de interpretar a Lalo, Toni e Chon, tres homes con poucas aspiracións que ven pasar os días desde os andéns dunha estación de autobuses, soñando con cambiar de vida algun día, algún día que nunca chegará...cada tarde os plans terminan Coma Sempre en simples soños.
Aqui vos deixo unhas fotos:




A rodaxe

A idea da curta xurdiu no 2005 pero pasaron dous anos ate poder realizala.
Foi no 25 de Xullo-día da Patria, no que nos enteramos que a Xunta nos daba unha axuda de 3000 euros para a relización da curtametraxe,
despois de moitos preparativos e cambios conseguimos a semana pasada comezar a rodaxe, aqui quedan algunhas fotos:




Coma Sempre, o comezo e as ideas

¿Que é Coma Sempre?
Coma Sempre é o título de unha curtametraxe que se vai estrenar moi pronto,
vou contarvos como xurdiu a idea do proxecto.


Era unha tarde de maio de 2005, acababa de perder o tren a Santiago asi que comprei o xornal e senteime nun banco a leelo. As casualidades da vida cambiaron o meu tren por unha idea para unha curta. Ao pouco de estar ali sentada chegaron tres homes de aspecto desaliñado e cheos de bolsas con calimocho, sentaron a carón das vías do tren e comezaron unha conversa un tanto especial. Sen pensalo muito collín a minha libreta do bolso e comecei a escribir o que dicían, semelhaban tres monólogos a un tempo, que en certos momentos se interelacionaban con unha ou outra frase puntual.

Eran conversas inconexas, mas en ningún momento en todo o tempo que estiven ali a presenciar a escena sentín que non se entenderan, habia algo máis forte que a conversa que os unía nunha complicidade especial. Os tres estaban como nunha burbulla, a xente adoitaba mirar para eles e apartarse como se o simple feito de achegarse fose constituír unha ameaza.

Falaban do cotián, das cousas que para eles resultaban importantes, sen deixar de beber e de ollar o redor facían planes de fuxida cara unha nova cidade e quizais cara unha nova vida.

Inspirándonos naquela conversa comezamos a escribir o guión desta curta. Decidimos manter as tres persoas presentes naquela tarde. Creamos tres personaxes tentando imaxinar a personalidade e o pasado de cada un deles. Demos con que queriamos tres yonquis, ao fin esto tampouco era novo, xa que os homes dequela tarde tamen o eran.

As personaxes que creamos seguiron camiños diferentes, Toni, Chon e Lalo son tres homes com poucas aspiracións pero con moitos desexos de verse respetados e de acadar esa felicidade da que tanto se fala. Son tres personaxes con actitudes diferentes frente a vida mais todos eles conservan o valor da amizade.

Esta curtametraxe pretende mostrar a outra cara da vida, a felicidade acadada dende as cousas máis básicas. A amizade, as interelacións e os pequenos minutos do tempo compartido nunha estación de un lugar calquera. Dende un enfoque persoal e pretendemos por voz as voces marxinais, mostrar que ainda que a vida as veces non semella fácil, as persoas sempre e por riba de todo tenden a superarse e buscar de maneira incesante unha forma de felicidade.

A cotianeidade é a perspectiva da que partimos, non queremos grande acción na curta, senón pequenos momentos que creen esa acción, porque ao fin a vida esta composta de pequenos momentos, momentos que non son relevantes de por sí pero que todos xuntos forman o día a dia de cada un de nos. As personaxes vanse abrindo ao longo da historia e polos diálogos, a forma de moverse, as actitudes...o espectador vai descubrindo ao tempo que avanza a historia cuais son os puntos fracos de cada un deles.

A cámara deberá centrarse nas personaxes, se moverse demasiado xa que a acción vaise sucendendo a un ritmo pausado, as accións e reaccións son a clave da conexión das personaxes co entorno. Non pretendemos con isto facer un filme estáticoo, monótono e pausado. Os xogos de imaxe deben dar a sensación de cotianeidade, ao fin a curta só mostra un momento de unha tarde máis na estación, deben guiar ao espectador. A música pode aparecer de mod ocasional, aínda que pretendemos influenciar o menos posible a capacidade de análise do espectador.

A marxinalidade inducida polas drogas é unnha constante na nosa sociedade. Galiza resulta ser un punto negro no tocante a este tema. A droga, os traficantes, os afectodos...conforman unha parte máis do noso día a día. Con esta curta pretendemos mostrar a realidade dos que están abaixo, conseguir a comprensión cara as persoas afectadas en moitos casos victimas de unha realidade que lles sobrepasa e da que nunca poderán sair...

Pechar os ollos e viaxar coa mente, tan lonxe como queiras, percorrer o mundo dende o mesmo punto, unha estación de tren nun lugar calquera.