viernes, 24 de agosto de 2007

A historia

Deixovos aqui a sinopse da curta:

Unha estación de autobuses nun lugar calquera, historias cotiáns que se repiten a miúdo, partidas e chegadas, movemento e calma.

Lalo, Toni e Chon pasan os días enteiros a beber e ver pasar o tempo entre horarios e autobuses que realmente non importan a ninguen. Lalo é o único que ten traballo, Chon é un home máis ben inseguro e Toni está sendo consumido pola droga. Os tres son rexeitados pola sociedade que os exclúe e aparta cara a marxinalidade, pasan o dia a falar de cousas vanais que non importan a ninguén, porén o centro de interese e Lalo, a persoa máis cabal dos tres

Chon móstrase interesado pola vida de Lalo, en especial por unha suposta moza, “a do can”. Lalo intenta evadir o tema falando dunha camareira e dun restaurante. Pola contra, Toni di en cada momento o primeiro que lle pasa pola cabeza, e actúa sen pensar, anda desconectado da realidade. Aparentemente carecen de aspiracións pero por riba de todo manteñen unha grande amizade entreles e no fondo só buscan un pouco de comprensión e respeito.

Os seus días son todos iguais, salvo por unha cousa, cada dían ven caras novas na estación e viaxan a un lugar diferente. So basta fechar os ollos e imaxinar, poden chegar tan lonxe como queiran, mas a realidade e que sempre estan no mesmo sitio. A mesma estación de autobuses de un lugar calquera.

No hay comentarios: