viernes, 24 de agosto de 2007

Coma Sempre, o comezo e as ideas

¿Que é Coma Sempre?
Coma Sempre é o título de unha curtametraxe que se vai estrenar moi pronto,
vou contarvos como xurdiu a idea do proxecto.


Era unha tarde de maio de 2005, acababa de perder o tren a Santiago asi que comprei o xornal e senteime nun banco a leelo. As casualidades da vida cambiaron o meu tren por unha idea para unha curta. Ao pouco de estar ali sentada chegaron tres homes de aspecto desaliñado e cheos de bolsas con calimocho, sentaron a carón das vías do tren e comezaron unha conversa un tanto especial. Sen pensalo muito collín a minha libreta do bolso e comecei a escribir o que dicían, semelhaban tres monólogos a un tempo, que en certos momentos se interelacionaban con unha ou outra frase puntual.

Eran conversas inconexas, mas en ningún momento en todo o tempo que estiven ali a presenciar a escena sentín que non se entenderan, habia algo máis forte que a conversa que os unía nunha complicidade especial. Os tres estaban como nunha burbulla, a xente adoitaba mirar para eles e apartarse como se o simple feito de achegarse fose constituír unha ameaza.

Falaban do cotián, das cousas que para eles resultaban importantes, sen deixar de beber e de ollar o redor facían planes de fuxida cara unha nova cidade e quizais cara unha nova vida.

Inspirándonos naquela conversa comezamos a escribir o guión desta curta. Decidimos manter as tres persoas presentes naquela tarde. Creamos tres personaxes tentando imaxinar a personalidade e o pasado de cada un deles. Demos con que queriamos tres yonquis, ao fin esto tampouco era novo, xa que os homes dequela tarde tamen o eran.

As personaxes que creamos seguiron camiños diferentes, Toni, Chon e Lalo son tres homes com poucas aspiracións pero con moitos desexos de verse respetados e de acadar esa felicidade da que tanto se fala. Son tres personaxes con actitudes diferentes frente a vida mais todos eles conservan o valor da amizade.

Esta curtametraxe pretende mostrar a outra cara da vida, a felicidade acadada dende as cousas máis básicas. A amizade, as interelacións e os pequenos minutos do tempo compartido nunha estación de un lugar calquera. Dende un enfoque persoal e pretendemos por voz as voces marxinais, mostrar que ainda que a vida as veces non semella fácil, as persoas sempre e por riba de todo tenden a superarse e buscar de maneira incesante unha forma de felicidade.

A cotianeidade é a perspectiva da que partimos, non queremos grande acción na curta, senón pequenos momentos que creen esa acción, porque ao fin a vida esta composta de pequenos momentos, momentos que non son relevantes de por sí pero que todos xuntos forman o día a dia de cada un de nos. As personaxes vanse abrindo ao longo da historia e polos diálogos, a forma de moverse, as actitudes...o espectador vai descubrindo ao tempo que avanza a historia cuais son os puntos fracos de cada un deles.

A cámara deberá centrarse nas personaxes, se moverse demasiado xa que a acción vaise sucendendo a un ritmo pausado, as accións e reaccións son a clave da conexión das personaxes co entorno. Non pretendemos con isto facer un filme estáticoo, monótono e pausado. Os xogos de imaxe deben dar a sensación de cotianeidade, ao fin a curta só mostra un momento de unha tarde máis na estación, deben guiar ao espectador. A música pode aparecer de mod ocasional, aínda que pretendemos influenciar o menos posible a capacidade de análise do espectador.

A marxinalidade inducida polas drogas é unnha constante na nosa sociedade. Galiza resulta ser un punto negro no tocante a este tema. A droga, os traficantes, os afectodos...conforman unha parte máis do noso día a día. Con esta curta pretendemos mostrar a realidade dos que están abaixo, conseguir a comprensión cara as persoas afectadas en moitos casos victimas de unha realidade que lles sobrepasa e da que nunca poderán sair...

Pechar os ollos e viaxar coa mente, tan lonxe como queiras, percorrer o mundo dende o mesmo punto, unha estación de tren nun lugar calquera.

No hay comentarios: